En castellano
Este xoves realizábase o primeiro acto de Vox en Vigo, coa presenza de Abascal. Para iso organizouse un enorme dispositivo policial, con decenas de policías rodeando o auditorio Mar de Vigo e as súas inmediacións, realizando identificacións “aleatorias” ás persoas que se achegaban pola zona e desaloxando ás que alí estaban.
En protesta ante a presenza do líder da ultradereita española, máis de 100 antifascistas concentráronse preto do auditorio coreando lemas como “Vigo será a tumba do fascismo”, “ Vos, fascistas, sodes vos terroristas” ou “Galiza con Catalunya”. Todo iso mentres eran provocados polos nacionalistas españois que aínda estaban a entrar ao recinto.
A policía deixou un minúsculo espazo para a concentración antifascista, relegados a estar entre dúas paredes e valados pola fronte, como podemos ver nas imaxes, toda unha “ratonera” como alegaba un dos asistentes. Todo isto mentres unha pésima concentración (3 persoas) a favor do mantemento da comisaría de Redondela gozaba dun maior espazo e do favor dos corpos policiais.
Debido a esta situación e tras case dúas horas de concentración, a policía empezou a armarse con equipo antidisturbios, poñendo como escusa que lles “tiraban algo dende a manifestación”, polo que consideraban motivo suficiente para disolvela pola forza.
É nese momento cando a policía nacional, xa preparada, empezou a cargar contra os mozos e mozas usando porras, pelotas de goma e vehículos policiais cos que ameazaban con atropelalos, igual que en Catalunya ou outras cidades.
A xornada represiva saldouse con varios feridos leves e polo menos unha persoa detida, á que acusan de alteración da orde pública. Desde Izquierda Diario queremos mostrar todo o noso repudio á represión estatal, o noso apoio á persoa detida e a todos aqueles con os que compartimos a loita contra a represión e a ultradereita xenófoba que representa o partido de Abascal. |