×
×
Red Internacional
lid bot

EXCLUSIVA | GALIZA UNIVERSIDADE. Enquisa na UVigo: A maioría dos estudantes está a favor do aprobado xeral e esixe os cartos da súa matrícula

Mentres o Faro de Vigo difunde información falsa, un alumno da UVigo fixo unha enquisa onde se recollen as opinións de case 3.000 alumnos dos tres campus da universidade. Aquí presentamos os seus principais resultados.

Roi López

Roi López @RoiLopez16

Viernes 17 de abril de 2020

A incerteza e malestar do alumnado universitario chegou o pasado luns a un maior grao, cando se publicou no diario Faro de Vigo un titular sensacionalista no que se expresaba que “os alumnos da UVigo rexeitan o aprobado xeral”.

Como era previsto, todos os estudantes desta universidade indignáronse ao ver a noticia xa que non se lles tivo en conta para facer ou non esa afirmación.
Debido a iso, un mozo universitario decidiu realizar unha enquisa que englobase as principais preocupacións e queixas do alumnado. Para considerar a mostra, na UVigo hai 21.620 alumnos. Pois en menos dun día a enquisa recibiu un total de 2857 respostas, cuxos principais resultados desagregamos a continuación.

O 66.9% a favor da devolución das taxas

Unhas das primeiras preguntas fan consideración á economía estudantil. Unha gran maioría está a favor tanto de modificar os criterios das bolsas do curso que vén, un 86,1%, como de devolver as taxas correspondentes a este cuadrimestre de inactividade cun 66,9% de apoio.

Como rematar o curso? 54,9% a favor do aprobado xeral sen que se compute a media

Respecto a una das preguntas crave, os resultados fan desvanecer a versión do Faro de Vigo sobre o aprobado xeral, ao mostrarse como unha maioritaria a porcentaxe que estaría a favor da superación do curso e, ao mesmo tempo, tamén da superación das materias sen que computen para a media, cun total do 54,9% da enquisados fronte ao 35% que quererían seguir a avaliación e clases mediante teledocencia.

Á súa vez, unha porcentaxe menor pronúnciase pola suspensión do curso para volver cursar este cuadrimestre o ano entrante.

Teledocencia: falta de medios, problemas familiares e ansiedade

A enquisa tamén reflicte o grao de satisfacción co sistema de teledocencia e a súa suposta posta en marcha. A día de hoxe, en numerosos graos aínda non se comezou con estas clases ou non se ten achegado sequera material para que os alumnos poidan continuar os seus estudos, algo que manifesta un 32,1% dos enquisados, e que parece repetirse tamén nalgunhas materias de diversos graos.

Por iso, hai variadas opinións sobre se as facultades están preparadas para a teledocencia adecuada ou se os propios alumnos, a nivel persoal, están listos para que se lles imparta se temos en conta que existen problemas de carácter tecnolóxico ou familiar. Moitos o ven difícil debido a “falta de motivación”, “depresión e ansiedade” ou pola falta dun lugar de estudo como as bibliotecas.

A pesar destas condicións, un 47,1% expresan que a universidade non tomou ningunha medida para as persoas sen medios informáticos e outro 32,6% di que se tomaron, pero non para todo o mundo.

Máis carga de traballo para os estudantes

En resposta a outra das preguntas da enquisa, ata un 95,9% consideran que a carga de traballo aumentou ou se mantivo tras o comezo da corentena, a pesar de que a maioría dos estudantes esixen que se alixeire dada a situación excepcional.

Tamén se avalía a actuación dos profesores respecto a teledocencia, chegando a puntuarlles nunha media próxima ao 5 sobre 10. Ademais, a maioría de enquisados suspende ou outorga un 5 aos organismos estudantís propios da universidade debido á súa escasa funcionalidade.

Incerteza polo futuro dos estudos

A enquisa tamén preguntaba acerca de cuestións futuras, como que pasará coa materia non impartida, mostrando unha división de opinións entre engadir contido esencial para seguintes cursos, dar apuntamentos finalizando o curso, ou manter a teledocencia actual para toda a materia. Así mesmo, as recuperacións de materias suspensas deberían facerse fóra das actuais datas, segundo a maioría

Por último, nos casos máis polémicos e con máis dificultades nesta situación, tales como TFG, Master, Doutoramento, Erasmus ou o programa de maiores; a maior parte dos seus alumnos coinciden en que non se está contando coas súas opinións como se debería e que as medidas que se están tomando non se corresponden coas súas necesidades.

Ademais, no apartado de suxerencias da propia enquisa, atopamos unha gran cantidade de queixas destes alumnos e alumnas esixindo medidas inmediatas e aclaracións, tanto para prazos de entrega, prácticas ou demais cuestións sobre as que non recibiron ningunha indicación.

Autoorganización e unión estudantil

Esta enquisa é unha mostra máis do que está a pasar na UVigo. A tónica xeral é dunha incerteza total cara á gran maioría de cuestións, empezando por non saber como se lles vai a avaliar nin cando, a soamente un mes das convocatorias oficiais mentres a carga de traballo é aínda maior.

Por iso, actos fóra das dinámicas habituais das universidades estanse a comezar a dar por toda a Uvigo, comezando por esta enquisa ou a folga convocada por ANEGA a partir do pasado xoves. Outro exemplo de autoorganización está a darse no campus de Ourense, onde a colaboración entre delegacións e alumnos comeza a dar os seus froitos, esixindo medidas concretas aos órganos universitarios como a supresión dos exames finais ou a devolución das taxas deste cuadrimestre. Para esta última, membros decanais dicían que “non entendían” a proposta.

A demanda de Ourense de eliminar exames acadou un gran apoio, mentres o reitor da Uvigo di que estes se teñen que manter. Explícanos os motivos unha das estudantes do campus ourensán: “os alumnos ven que a día de hoxe son máis útiles os traballos que estar obcecados en examinarnos si ou si con exames, cando é difícil que, na situación na que estamos, todos teñamos os recursos ou o mesmo horario para ser examinados mediante un exame. Ponte na situación deses alumnos que se cadra tamén están a traballar, ou que van ter que volver ao traballo porque por si sós non se poden garantir os seus estudos.

Pódeche interesar: Folga estudantil na Galiza 16A: impulsemos a autoorganización para que ninguén fique atrás

Por outra banda, na facultade de bioloxía do campus vigués están a darse ao longo desta semana diferentes asembleas virtuais co obxectivo de debater e decidir conxuntamente todo o relacionado aos seus estudos. Trátase de dar unha resposta unitaria e recoller todas as propostas e queixas para esixirllas aos diferentes organismos da universidade, xa que a sensación que ten parte do alumnado é de impotencia cara ás decisións que está a tomar (ou non) a universidade e órganos representativos.

A unión estudantil debe xurdir dende a base, dende as propias clases e delegacións como vemos nos exemplos anteriores, e utilizando os medios dos que dispoñemos os propios estudantes. Para que a loita estudantil sexa efectiva, tanto en tempos de coronavirus coma se non, debemos dar unha resposta unida e ir en contra do que nos impoñan se non teñen en conta as nosas necesidades.

* Aquí podes consultar os resultados completos da enquisa.

◆ ◆ ◆

Contacta con nós!

Llámanos o envíanos un mensaje de WhatsApp o Telegram desde todo el Estado español a nuestros teléfonos: 631 66 49 49 o 633 61 75 48.

Chamanos ou envíanos unha mensaxe de WhatsApp ou Telegram dende todo o Estado español aos nosos números: 631664949 ou 633617548

Escríbenos un correo electrónico a [email protected]

Ou síguenos nas redes sociais!

Twitter Izquierda Diario: https://bit.ly/2U1Q4cN
Instagram Izquierda Diario Intagram: https://bit.ly/2WItwza
Canal Telegram: Izquierda Diario Telegram: https://t.me/IzquierdaDiario